Os alumnos de 2º e
3º da ESO realizaron o 17 de abril unha saída cultural a Celanova con motivo da
participación no programa que ofrece a Fundación Curros Enríquez para escolares:
‘Ven a coñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio’ que combina as seguintes
visitas:
- Casa dos Poetas (é a que foi casa de Manuel Curros
     Enríquez).
- Mosteiro de San Salvador ou de San Rosendo (Torre das
     Campás do mosteiro, biblioteca do instituto, claustros barrocos, Capela Mozárabe
     San Miguel do século X). Participaron os alumnos nun concerto didáctico
     xunto co órgano barroco.
- Percorrido urbano a través da poesía pola vila de
     Celanova. 
- Vilanova dos Infantes (vila medieval). O Párroco
     amosounos a Virxe do Cristal, paseamos polas antiguas rúas facendo unha
     parada na torre e rematamos a vistia no Museo dos Zapateiros onde ademais
     visitamos a cova sobre a que se sitúa.
En todo momento
estivemos acompañados de dous guías que nos explicaron tanto a Celanova
literaria coma a monumental.
ENLACES

 
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.